sábado, 29 de noviembre de 2008

A DANZA DE ESPADAS DE REDONDELA.




Conta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un drago que de vez en cando chegaba á vila para levarse a unha xove a sua cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóves mariñeiros armaronse de coraxe e un día acordaron encararse ó monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita saliron victoriosos. Xa vencido o truxeron ó pobo, ó mesmo tempo que liberaron ás xóves que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o drago dera os seus últimos suspiros, cando os valientes xóves, colléndose as espadas uns ós outros, empezaron a bailar arredor do drago morto"


A orixe desta manifestación perdese na noite dos tempos.Non cabe dubida que renacese e se extendese tal e como chegou ós nosos días na Edade Media, pois non se trata mais que dunha representación plástica do Demo, típicamente cristiana, de feito semellante a como se viña facendo é a escultura e pintura, tanto románicas como góticas.

Pero o loitar un Deus (ou un representante do mesmo) cunha serpe ou dragón é moi vello, tanto que xa existía nas relixións antigas.

CocaA primeira denominación que temos documentada e a de "coquetriz" ( Ourense 1437 ), que non é mais que un cocodrilo. No texto galego de Ourense non é mais que o dragón que iba na procesión do Corpus levado polos zapateiros. Non cabe dúbida pois, que o nome ven do latín cocatrix ( cocodrilo ), e que xa se atopa a mediados do século XV ( 1441 ) nun documento de Ourense tal e como se di agora : coqa e qoqa.

A Celebración

As penlas van vestidas de branco con ás de anxos
Para relembrar esta lenda ancestral, tódolos anos, no desfile do Corpus Christi sácase á rúa a figura da Coca, e realízase a Danza das Espadas e o Baile das Penlas:

  • A orixe da Danza das Espadas xa queda rexistrada o falar da Coca e as Penlas, pois foron os mariñeiros os que acabaron có fero e mítico Dragón, que ven a ser a representación plástica del Demo, xirando o redor del as duas danzas. As primeiras novas que hai desta danza en Redondela datan do século XVI, no que o concello lle ordena ós gremios que asistan á procesión do corpus.

  • Pouco se sabe das Penlas redondelanas, tan só que chegaron ata os nosos días sin sufrir grandes cambios, excepto no referido á indumentaria. Actúan cos danzantes das espadas, formando un único conxunto coreográfico. Ó largo dos anos foron sufrindo unha serie de modificacións, co que as penlas de hoxe en día teñen unha serie de diferencias coas de antaño.

Esta tradición converteuse nunha festa que dura varios días nos que hai un amplo programa de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas. Tendo en conta os antecedentes, non sería de extrañar que esta representación diabólica fose coñecida dende moi antigo e que ó establecerse o Corpus empezasen a escenificala públicamente, o mesmo que outras historias e lendas relixiosas.

sábado, 8 de noviembre de 2008

UN POUCO DE REDONDELA.


Primeiros poboadores

Restos arqueolóxicos testifican a presenza humana desde moi antigo. Algúns nos levan á Idade de Bronce (machadas, petróglifos...) e outros nos remontan á cultura castrexa (o Castro da Peneda) Se facemos caso á sabedoría popular, a súa fundación vén dada polos gregos, pero sobre isto só hai lendas.



Romanización

A romanización foi moi intensa e disto si temos vestixios como os miliarios. A súa situación e condicións meteorolóxicas fixeron posible un auxe moi importante desde a antigüidade ata o momento do gran desenvolvemento da cidade de Vigo.

O Arcebispo Xelmírez

Gran parte destas terras formaron parte do señorío da Mitra Compostelá. O acontecemento histórico máis importante desta época probablemente sexa a estadía, ao longo duns anos, de Xelmírez logo de ser desterrado no ano 1466.

Illas de San Antonio e San Simón

As illas de San Antonio e San Simón foron o lugar de acollida para varias ordes relixiosas (benedictinos, franciscanos e templarios) ao longo de moitos séculos ata 1830. Foi entón cando se utilizou como leprosería. Este feito tivo como consecuencia indirecta o desenvolvemento do porto de Vigo.

Durante a guerra civil e a dictadura franquista utilizouse a illa,como cárcere,onde fusilaron a tanta xente que defendia unha España Republicana.Un dos supervivintes foi Manuel Barros.

No ano 2001,a consellería de cultura,recuperou a illa,cun proxecto estelar,elaborado polo arquitecto galego:Cesar Portela

No ano 2006,a conselleria de cultura,creou xunto con colectivos republicanos "O ano da memoria"e a sede esta na illa de san simón.Esta fundación dedicouse a facer homenaxes a toda a xente que deixou toda a súa vida en contra da dictadura franquista.

www.anodamemoria.com/sansimon

O colectivo máis propulsor da idea,foi o COLECTIVO REPUBLICANO DE REDONDELA.

Polo ano 2007 creouse a fundación da illa de san simón.

www.fundacionilladesansimon.org


Batalla de Rande

A súa situación costeira fixo que ao longo do tempo este pobo vísese atacado desde o mar por flotas de distintos países ou por piratas. Destes ataques, os máis famosos son o da armada anglo-holandesa que saíron vitoriosos na batalla de Rande no ano 1702 e o ataque francés na Guerra da Independencia (concretamente o 12 de abril de 1809) ao pobo como represalia pola axuda que lle prestaron os habitantes de Redondela aos seus veciños de Tui cando estaban asediados polas tropas francesas.

Batalla de Pontesampaio

Outro feito histórico de certa relevancia no que participaron as persoas deste territorio foi na vitoria sobre as tropas de Ney no lugar de Pontesampaio en xuño de 1809.

Dende as últimas décadas do século XIX, Redondela se define pola extraordinaria imaxe dos seus viaductos de ferrocarris que lle conferen unha personalidade propia. Declarados monumentos Histórico-Artísticos, permiten á pequena urbe ser coñecida como: Redondela "a vila dos viaductos"